
O Capitán Largas Lúas, a Capitana Grace Patrick, o Capitán Jackson White e a Brigadier Nowi convocaron ai uns meses aos piratas de toda Galicia para que, os días 23, 24 e 25 de abril, todos xuntos buscasen Libertalia, o paraíso pirata.
.
Así o pasado venres 23, coincidindo co día do patrón, os diferentes grupos chegaron das súas terras, á cidade onde ninguén é forasteiro, A Coruña, e onde vivirían unha intensa aventura durante 3 días.
.
Foi entón cando os lobecos convirtíronse en valentes Bucaneiros cas máximas como ideal. Os rangers aceptaron a Lei dos Corsarios e os pioneros atrevéronse a ser Filibusteros.
Mentres que os rotas, que deixaron de ser piratas e eran uns desterrados, tivieron que demostrar que ainda tiñan espiritu pirata e que tamén querían atopar Libertalia.
Mentres que os rotas, que deixaron de ser piratas e eran uns desterrados, tivieron que demostrar que ainda tiñan espiritu pirata e que tamén querían atopar Libertalia.
.
O día 24 comenzou a búsqueda. Os lobatos tivieron que percorrer as estreitas rúas da Cidade Vella da Coruña para atopar distintos persoaxes (dende monxas ata presos) que lles axudasen a atopar o mapa do tesouro e que lles conduciría ao paraíso; pero os figurantes non llo porían sinselo e terían que superar distintas probas: desencadear princesas, atopar os ingredientes da pócima máxica, xogos de intelixencia, estratexia ...
O día 24 comenzou a búsqueda. Os lobatos tivieron que percorrer as estreitas rúas da Cidade Vella da Coruña para atopar distintos persoaxes (dende monxas ata presos) que lles axudasen a atopar o mapa do tesouro e que lles conduciría ao paraíso; pero os figurantes non llo porían sinselo e terían que superar distintas probas: desencadear princesas, atopar os ingredientes da pócima máxica, xogos de intelixencia, estratexia ...
Xa pola tarde, tras encontralos mapas do tesouro, dirixíronse á praia de Riazor, onde se atopaban soterrados os cofres.
Pero antes de poder cavar, tiveron que conseguir superar unha gran xinkhana e diversas probas físicas, nas que a diversión estivo sempre asegurada.
Finalmente, conseguiron as pas para poder cavar, e puideron desterrar os cofres coas súas propias mans.
Mentres tanto, os rangers, capitaneados por Grace Patrick, tamén estiveron buscando Libertalia.
Pola mañá realizaron diversas probas no parque da cidade que puseron a proba as súas habilidades como piratas de altamar: tiveron que cantar, correr, brincar e romper o coco para descifrar enigmas.
Descubriron que a súa rota debía seguir cara a Cidade Vella, e alí, pola tarde, realizar outra tanda de probas nas que destacaron unha gran pista americana e levar unha bandexa con copas con auga sin que se caeran.
E a súa brúxula, ao final, levoulles ata a Praza de María Pita, onde atopáronse co Concello da cidade; alí realizaron a gran batalla final e se fixeron notar entre os cidadáns e turistas.
Pola súa parte, os pioneiros tiveron un gran camiño que percorrer para atopar Libertalia. O camiño foi largo: visitaron a Torre de Hércules, zonas da Cidade Vella, parques, a praia ... e ademáis estivo cheo de obstáculos: bailar, tiro con arco, pescar nun bidón ou encher unha botella de auga con unha esponxa.
Pero a recompensa veu cando ao final da ruta atoparon unha piscina na que relaxarse e pasar un bo rato ente risas e bromas.
E os desterrados, os rotas, foron levados cos ollos vendados ata distintos puntos das aforas da cidade, dende onde tiveron que orientarse para chegar ao coñecido Parque de San Pedro. Alí realizaron taieres: pompas de xabón, primeiros auxilios, xogos físicos e disfrutaron das vistas ao mar e compartiron momentos comunes nos que os clans de Galicia chegaron a parecer unha única Comunidade.
Pola tarde, realizaron unha actividade de buceo, nunha gran pisicina co material adecuado para tal ocasión, algo novedoso para todos eles.
.
Para acabar o día, as catro unidades xuntáronse nunha velada ambientada nunha Taberna Pirata, na que destacaron os xogos populares e a ledicia de ter atopado Libertalia. Libertalia non eran máis ca unha forma de vida, era o espiritu scout que se atopaba en eles mesmos. E por iso, ao xuntar as pedras que cada unidade atopou, puideron obsevar unha flor de lis formada polos nomes de todos os participantes.
.
Ao día seguinte, como punto final do evento, celebróuse unha eucaristía na Parroquia de San Francisco Xavier, á que pertence o grupo anfitrión. Na celebración contamos coa presenza de Xavier Porro, Delegado Pastoral Xuvenil da Archidiócese de Santiago de Compostela e Manuel Couceiro Cachaldora, Consiliario Xeral de Scouts de Galicia.
Nela destacaron os cantos e desprendeuse a ledicia de todos por poder disfrutar desta fin de semana. Tras realizar unha enchenta de fotos ea posterior comida, a Clausura do evento foi realizada. Nese acto, o Grupo Scout Stoas entregou unha bandeira pirata coas cores de cada grupo, unha pañoleta para cada grupo participante e uns regalos para cada rapaz. Ademáis, pasouse o testigo ao seguinte grupo que organizará o evento no 2012: o Grupo Scout Berbés de Vigo.
.
Todo concluiu co gran Adeus Scout... pero pronto chegará un novo "San Xurxo". O agardamos con moitas gañas!!.
.
Boa Caza e Longas Lúas.
.
.


No hay comentarios.:
Publicar un comentario