miércoles, 17 de diciembre de 2008

Luz da Paz de Belén - Nadal ´08

Boas rapaces e Compañeiros Scouts !!!

Estamos xa a vivir, se cadra as datas máis entrañables do ano, O Nadal.
As comidas, as ceas de noiteboa e noitevella, os Reis Magos, os encontros familiares.
En Xérmolo, non queremos deixar pasar a oportunidade de xuntarnos con vós para celebrar estes días, ca Celebración coa Luz da Paz de Belén. Así é, a Luz de Belén repártese por tódolos paises e rincóns do Mundo como mensaxe de Paz, estará con nós e ofrecerémola á Parroquia como acto central do programa de Nadal dos Scouts de Xérmolo coa Parroquia da Valenzá, neses días de Ben e Ledicia.

Esta Celebración terá lugar na IGRESA DE SAN BERNABÉ o DOMINGO día 28 de DECEMBRO, ás 11:30 h.

¡¡¡ Esperámosvos ver a todos o Domingo !!!

Despois da Misa, e para combater as baixas temperaturas quentarémolo corpo cunha Chocolatada ben quentiña.

martes, 7 de octubre de 2008

Campamento de Inicio. Xeira 08-09


Por fin !!, outro ano máis !!
Comezamos unha nova andaina no Grupo, e como é de costume, o facemos cun Campamento dunha fin de semana, en Velle.
Entre os días 4 e 5 de outubro, os nosos rapaces e rapazas das ponlas de Lobecos e Rangers foron protagonistas de xogos, veladas e a Cerimonia de Paso de Ponla, momento importante e emotivo nas súas vidas dentro da ponla.
¡¡¡ Felicidades Carlos Daniel e Daniela !!!, por unha nova etapa chea de Aventura e Compromiso, cos téus novos compañeiros de Rangers (foto).

lunes, 9 de junio de 2008

Scouts na Rúa

O pasado sábado 7 os Pioneiros de Xérmolo fixeron unha viaxe ata Coruña para participar nunha actividade, que tiña como anfitrón ao Grupo Scout Nyeri. Taieres, Xingkhanas, rocódromo, escalada, tirolina unhas das moitas actividades que fixemos, e asistimos tamén á proxección da película-documental "El Silencio de las Piedras", que narra a vida duns Pioneiros de Sevilla nun Raid.



Fotos en: http://www.flickr.com/photos/scoutsxermolo/sets/72157615577897098/

miércoles, 30 de abril de 2008

SAN XURXO 2008 !!!, escutismo galego en Ourense !




25, 26 e 27 de Abril, 2008, datas para lembrar e uns días para non esquecer.

"Téñovos que contar a grande ilusión que tiñamos por afrontar este reto, por chegar a reunir á todos os rapaces e rapazas scouts de Galiza e amosarlles o noso entorno tan cheo de vida; a ilusión que tiñamos de preparar todo esto para pasar uns días inesquecibles, cheos de ledicia, de vitalidade e inundados dun sentimento scout que é o que nos une a todos nós.
Queriamos e agardabamos que todos disfrutásedes destes días, deste encontro que tan só celebramos cada dous anos e que nos axuda tanto a entrelazar lazos e amizades. Son días de compartir, de coñecerse, de descubrir, de sentirse parte dunha familia, unha gran familia que segue medrando pouco a pouco e que ten tanto que ensinarnos... Nós sentímonos así, dentro dunha gran familia, co apoio de moita xente, dos propios responsables doutros grupos que tanto nos axudaron e preocupáronse por nós. Apoiados polos "nosos papis", que non sabemos como agradecerllo, sen a súa axuda esto tería sido moito máis costa arriba e moi difícil de sacar adiante, o seu apoio é fundamental no camiñar deste grupo e nós sabémolo perfectamente.
Quedámonos cun montón de lembranzas, con momentos divertidos e non tan divertidos, con horas de programación, con chamadas telefónicas e cos mails, cos días de estres e nerviosismo... pero sobre todo quedámonos co propio encontro, coas risas e os momentos de compartir, coas cancións (non podía faltar o "pistón" e a conseguinte dor de pernas), quedámonos cos xogos, cos momentos das comidas alí todos xuntos, coas andainas (e a dor de pes...), cos bailes da festa e os disfraces tan orixinais, co momento "chiki-chiki" no karaoke, sen dúbida a canción destes días que non parabamos de escoitar de boca dos máis pequenos, que tiveron unha gran aventura contra o dragón de San Xurxo, despois de "escalar" unha montaña; quedámonos cos múltiples círculos realizados destacando o último que foi para cantar o "Adeus Scout". Como di a mesma: "...hai tanto que lembrar...sabendo que nos peitos vai unha mesma flor de lis...sentíndonos irmáns...nos volvan a xuntar...• Supoño que resume un pouco o pensamento que cada un tiñamos nese momento: non esquecernos dos demais...ter a ilusión de volvernos a xuntar... levando todos un mesmo sentimento scout... levando tantas lembranzas... sentindo que formamos parte desta gran familia...



Se lle preguntásemos a calquera ó final do encontro que pensaba nese momento: "¡que esto non remate! e é que pasa sempre, cando nos xuntamos compartimos tanto e vivimos tantas experiencias que é difícil logo separarse dos novos amigos.
A nosa impresión sobre o encontro foi moi boa, tamén porque sentímonos moi arropados por todos vós, porque acudíchedes coa ilusión de pasalo ben e de disfrutar. O resto dos kraales sabiades que precisabamos do maior número de mans e vós estivéchedes sempre dispostos a botarnos unha e axudarnos no que fixera falla. Vimos ós rapaces moi ledos e iso bastounos, o importante era que eles disfrutasen e se divertisen neste encontro e cremos que o conseguimos, ENTRE TODOS nós e vós, que a vosa axuda e apoio foi primordial.
Grazas por cantar moitas veces por nós cando non nos daba a voz, por axudarnos a manter ós rapaces atentos, por vir con esas gañas de axudar, por estar con nós simplemente compartindo estes días de celebración.
Sen máis, agardamos xa o próximo San Xurxo o cal, sen dúbida, viviremos dun xeito ben distinto. Como quixemos plasmar co lema do encontro, non vos esquezades que... ¡SEMPRE XUNTOS!."

Máis fotos en: http://www.flickr.com/photos/scoutsxermolo/sets/72157614178020113/

martes, 19 de febrero de 2008

Acampada de Lobecos






Os Lobecos do Grupo Scout Xérmolo disfrutaron dunha fin de semana con "Akela" e "Baloo" na casa rectoral da Parroquia de Vilar de Astrés. Entre as actividades que fixeron cabe destacar a Velada con xogos variados por equipos e a participación activa na Eucaristía do pobo.
Moitas grazas ademáis a tódolos pais que viñeron a pasa-lo domingo connosco.
¡ O escutismo vívese en familia !.