
25, 26 e 27 de Abril, 2008, datas para lembrar e uns días para non esquecer.
"Téñovos que contar a grande ilusión que tiñamos por afrontar este reto, por chegar a reunir á todos os rapaces e rapazas scouts de Galiza e amosarlles o noso entorno tan cheo de vida; a ilusión que tiñamos de preparar todo esto para pasar uns días inesquecibles, cheos de ledicia, de vitalidade e inundados dun sentimento scout que é o que nos une a todos nós.
Queriamos e agardabamos que todos disfrutásedes destes días, deste encontro que tan só celebramos cada dous anos e que nos axuda tanto a entrelazar lazos e amizades. Son días de compartir, de coñecerse, de descubrir, de sentirse parte dunha familia, unha gran familia que segue medrando pouco a pouco e que ten tanto que ensinarnos... Nós sentímonos así, dentro dunha gran familia, co apoio de moita xente, dos propios responsables doutros grupos que tanto nos axudaron e preocupáronse por nós. Apoiados polos "nosos papis", que non sabemos como agradecerllo, sen a súa axuda esto tería sido moito máis costa arriba e moi difícil de sacar adiante, o seu apoio é fundamental no camiñar deste grupo e nós sabémolo perfectamente.
Quedámonos cun montón de lembranzas, con momentos divertidos e non tan divertidos, con horas de programación, con chamadas telefónicas e cos mails, cos días de estres e nerviosismo... pero sobre todo quedámonos co propio encontro, coas risas e os momentos de compartir, coas cancións (non podía faltar o "pistón" e a conseguinte dor de pernas), quedámonos cos xogos, cos momentos das comidas alí todos xuntos, coas andainas (e a dor de pes...), cos bailes da festa e os disfraces tan orixinais, co momento "chiki-chiki" no karaoke, sen dúbida a canción destes días que non parabamos de escoitar de boca dos máis pequenos, que tiveron unha gran aventura contra o dragón de San Xurxo, despois de "escalar" unha montaña; quedámonos cos múltiples círculos realizados destacando o último que foi para cantar o "Adeus Scout". Como di a mesma: "...hai tanto que lembrar...sabendo que nos peitos vai unha mesma flor de lis...sentíndonos irmáns...nos volvan a xuntar...• Supoño que resume un pouco o pensamento que cada un tiñamos nese momento: non esquecernos dos demais...ter a ilusión de volvernos a xuntar... levando todos un mesmo sentimento scout... levando tantas lembranzas... sentindo que formamos parte desta gran familia...
Se lle preguntásemos a calquera ó final do encontro que pensaba nese momento: "¡que esto non remate! e é que pasa sempre, cando nos xuntamos compartimos tanto e vivimos tantas experiencias que é difícil logo separarse dos novos amigos.
A nosa impresión sobre o encontro foi moi boa, tamén porque sentímonos moi arropados por todos vós, porque acudíchedes coa ilusión de pasalo ben e de disfrutar. O resto dos kraales sabiades que precisabamos do maior número de mans e vós estivéchedes sempre dispostos a botarnos unha e axudarnos no que fixera falla. Vimos ós rapaces moi ledos e iso bastounos, o importante era que eles disfrutasen e se divertisen neste encontro e cremos que o conseguimos, ENTRE TODOS nós e vós, que a vosa axuda e apoio foi primordial.
Grazas por cantar moitas veces por nós cando non nos daba a voz, por axudarnos a manter ós rapaces atentos, por vir con esas gañas de axudar, por estar con nós simplemente compartindo estes días de celebración.
Sen máis, agardamos xa o próximo San Xurxo o cal, sen dúbida, viviremos dun xeito ben distinto. Como quixemos plasmar co lema do encontro, non vos esquezades que... ¡SEMPRE XUNTOS!."
Máis fotos en: http://www.flickr.com/photos/scoutsxermolo/sets/72157614178020113/

