domingo, 27 de junio de 2010

CHURRASCADA !!!


DOMINGO, día 4, de 12 h a 19 horas.

Merendeiro da Valenzá, ao carón das Piscinas, pegado ao Campo Municipal de Futbol.
A Valenzá.

Apuntádevos ANTES DO SÁBADO, posto que temos que mercar a carne.

Desexamos veros a Tooodos alí o domingo !!.

Unha aperta.

viernes, 30 de abril de 2010

SAN XURXO 2010. Desembarco a Libertalia !!!


O Capitán Largas Lúas, a Capitana Grace Patrick, o Capitán Jackson White e a Brigadier Nowi convocaron ai uns meses aos piratas de toda Galicia para que, os días 23, 24 e 25 de abril, todos xuntos buscasen Libertalia, o paraíso pirata.
.
Así o pasado venres 23, coincidindo co día do patrón, os diferentes grupos chegaron das súas terras, á cidade onde ninguén é forasteiro, A Coruña, e onde vivirían unha intensa aventura durante 3 días.
.
Foi entón cando os lobecos convirtíronse en valentes Bucaneiros cas máximas como ideal. Os rangers aceptaron a Lei dos Corsarios e os pioneros atrevéronse a ser Filibusteros.
Mentres que os rotas, que deixaron de ser piratas e eran uns desterrados, tivieron que demostrar que ainda tiñan espiritu pirata e que tamén querían atopar Libertalia.
.
O día 24 comenzou a búsqueda. Os lobatos tivieron que percorrer as estreitas rúas da Cidade Vella da Coruña para atopar distintos persoaxes (dende monxas ata presos) que lles axudasen a atopar o mapa do tesouro e que lles conduciría ao paraíso; pero os figurantes non llo porían sinselo e terían que superar distintas probas: desencadear princesas, atopar os ingredientes da pócima máxica, xogos de intelixencia, estratexia ...
Xa pola tarde, tras encontralos mapas do tesouro, dirixíronse á praia de Riazor, onde se atopaban soterrados os cofres.
Pero antes de poder cavar, tiveron que conseguir superar unha gran xinkhana e diversas probas físicas, nas que a diversión estivo sempre asegurada.
Finalmente, conseguiron as pas para poder cavar, e puideron desterrar os cofres coas súas propias mans.
Mentres tanto, os rangers, capitaneados por Grace Patrick, tamén estiveron buscando Libertalia.
Pola mañá realizaron diversas probas no parque da cidade que puseron a proba as súas habilidades como piratas de altamar: tiveron que cantar, correr, brincar e romper o coco para descifrar enigmas.
Descubriron que a súa rota debía seguir cara a Cidade Vella, e alí, pola tarde, realizar outra tanda de probas nas que destacaron unha gran pista americana e levar unha bandexa con copas con auga sin que se caeran.
E a súa brúxula, ao final, levoulles ata a Praza de María Pita, onde atopáronse co Concello da cidade; alí realizaron a gran batalla final e se fixeron notar entre os cidadáns e turistas.
Pola súa parte, os pioneiros tiveron un gran camiño que percorrer para atopar Libertalia. O camiño foi largo: visitaron a Torre de Hércules, zonas da Cidade Vella, parques, a praia ... e ademáis estivo cheo de obstáculos: bailar, tiro con arco, pescar nun bidón ou encher unha botella de auga con unha esponxa.
Pero a recompensa veu cando ao final da ruta atoparon unha piscina na que relaxarse e pasar un bo rato ente risas e bromas.
E os desterrados, os rotas, foron levados cos ollos vendados ata distintos puntos das aforas da cidade, dende onde tiveron que orientarse para chegar ao coñecido Parque de San Pedro. Alí realizaron taieres: pompas de xabón, primeiros auxilios, xogos físicos e disfrutaron das vistas ao mar e compartiron momentos comunes nos que os clans de Galicia chegaron a parecer unha única Comunidade.
Pola tarde, realizaron unha actividade de buceo, nunha gran pisicina co material adecuado para tal ocasión, algo novedoso para todos eles.
.
Para acabar o día, as catro unidades xuntáronse nunha velada ambientada nunha Taberna Pirata, na que destacaron os xogos populares e a ledicia de ter atopado Libertalia. Libertalia non eran máis ca unha forma de vida, era o espiritu scout que se atopaba en eles mesmos. E por iso, ao xuntar as pedras que cada unidade atopou, puideron obsevar unha flor de lis formada polos nomes de todos os participantes.
.
Ao día seguinte, como punto final do evento, celebróuse unha eucaristía na Parroquia de San Francisco Xavier, á que pertence o grupo anfitrión. Na celebración contamos coa presenza de Xavier Porro, Delegado Pastoral Xuvenil da Archidiócese de Santiago de Compostela e Manuel Couceiro Cachaldora, Consiliario Xeral de Scouts de Galicia.
Nela destacaron os cantos e desprendeuse a ledicia de todos por poder disfrutar desta fin de semana. Tras realizar unha enchenta de fotos ea posterior comida, a Clausura do evento foi realizada. Nese acto, o Grupo Scout Stoas entregou unha bandeira pirata coas cores de cada grupo, unha pañoleta para cada grupo participante e uns regalos para cada rapaz. Ademáis, pasouse o testigo ao seguinte grupo que organizará o evento no 2012: o Grupo Scout Berbés de Vigo.
.
Todo concluiu co gran Adeus Scout... pero pronto chegará un novo "San Xurxo". O agardamos con moitas gañas!!.
.
Boa Caza e Longas Lúas.
.
.

miércoles, 7 de abril de 2010

SAN XURXO 2010 !!, a viaxe pirata está a piques de comezar !


O San Xurxo 2010 xa está aquí !!.
.
Unha mensaxe nunha botella, que recibimos no Grupo ai unhas semanas, as "Gacetas Pirata" e o máis espectacular que acontecerá na terra Galega nos dous ultimos anos en Scouts de Galicia.
.
A Aventura de subirnos á apaixoante viaxe Pirata que nos lebará a pasar unha fin de semana enteira en A Coruña, vai estando máis preto. Dende o venres 23 ate o domingo 25 de abril tes un unha cita co Escutismo Galego na cidade de A Coruña, cos demáis grupos Scouts de Galicia, sendo máis de 250 persoas disfrutando das actividades e veladas que nos brindarán dende o Grupo Scout Stoas, gran anfitrión da festa.
.
¡¡Non afoguedes !!, collédevos xa ao barco que nos lebará a desembarcar o día 23 na Coruña.
.
Estades avisados grumetillos.
.
Boa Caza.

lunes, 22 de marzo de 2010

O Planeta segue a estar nas nosas Mans



http://www.youtube.com/watch?v=CMIfclDxCE8

Non deixemos morrer o Planeta, démoslle un pequeno respiro.
Sábado, 27 de marzo, 20:30-21:30 h.

A hora de Todos, "a Hora do Planeta".

lunes, 1 de marzo de 2010

SAN XURXO 2010 !!, a conta atras xa comezou !

O pasado día nos chegou ao Grupo unha mensaxe nunha botella, dun naufrago que se atopaba algo perdido en medio do mar..

O San Xurxo 2010 xa está á volta da esquina; a Aventura xa comeza a ter forma. ¡¡ Non afundas !!.

Boa Caza e Longas Lúas.

domingo, 14 de febrero de 2010

Olimpiada Scout

-Os Scouts de Xérmolo xa estamos aquí de novo!!, esta vez cunha actividade conxunta para todas as ponlas, e para todos os que desexedes participar!!. A OLIMPIADA SCOUT, que terá lugar na Pista verde do Parque Infantil (encima das piscinas) na Valenzá. Ás 4 da tarde.
.
-¡¡¡ Agardámosvos a todos e todas !!!
.
-Non esquezades a pañola os que a teñades.
.

lunes, 8 de febrero de 2010

Os Scouts de Xérmolo con Haití

O pasado sábado día 6 os Scouts de Xérmolo tíñamos unha actividade de caracter Solidario; tratábase de recolectar cartos para a reconstrucción de Haití, despois do debastador terremoto que azotou ai máis dun mes a Haití.
Dita actividade, que tivo lugar no barrio da Valenzá, contou cos rapaces e rapazas das ponlas de Pioneiros e Rotas, os cales encargáronse de repartir un manifesto en prol da Solidariedade entre os viandantes, encher de moedas as palabras SOLIDARIEDADE CON HAITÍ, e poder así, aportar esa "pequena" axuda que tanto se precisa no pobo Haitiano.
.
Nas seguintes ligazóns podedes seguir o traballo dos Scouts Haitianos, Dominicanos e doutras rexións de america o traballo que están desenrolando en labores de axuda humanitaria:
.

lunes, 28 de diciembre de 2009

A Luz chega á parroquia da Valenzá !


Domingo 27, a Luz de Belén chegaba a "casa", á parroquia da Valenzá nunha abarrotada igrexa onde a luz da paz facíase presente nas nosas vidas. O Grupo Scout Xérmolo presentaba a Luz cunha representación de tódolos continentes do mundo, en forma de velas de cores que simbolizaba todas as razas e pobos da terra, que é a nosa terra; deste mundo que precisa de Luz e de Paz.
.
O agradecemento á Parroquia de S. Bernabé, a Isaac e a Roberto, por facer posible, ano tras ano a celebración da Luz, sempre con gran interese e entusiasmo.
.
Boa Caza... e Feliz entrada de Ano 2010 !!!

martes, 22 de diciembre de 2009

LUZ DA PAZ DE BELEN 2009

Na tarde do día 21 de decembro o templo de Santa María Nai da cidade foi o lugar de encontro dos rapaces da nosa Diocese, que se acercaron para levar Belén as súas casas, colexios e as súas parroquias de orixen.
A Luz foi a gran protagonista da velada, cargada de emoción para os máis pequenos, pero tamén para os maiores.
19 parroquias e grupos da nosa diocese recibiron a Luz, para repartila entre as familias, amigos e veciños, para que se poble o Mundo de Luz e Paz.
A Celebración foi presidida polo noso Obispo D. Luis Quinteiro e organizada por D. Luis Rodríguez, a Asociación de Scouts de Ourense e a Delegación diocesana de Infancia. Que a Luz da Paz de Belén nos ilumine durante todo o ano 2010.
.
O Grupo Scout Xérmolo celebrará a ofrenda da Luz da Paz de Belen á Parroquia de San Bernabé iste DOMINNGO día 27, ás 11:30 horas, na Valenzá. Esperamos veros a todos alí.
.
FELIZ NADAL !!!

miércoles, 16 de septiembre de 2009

jueves, 23 de julio de 2009

RAID 2009


Cinco días de acampada, tres días de Raid, entre aventuras, retos, supervivencia, cumios . . .
.
Asi podemos definir o Campamento e o Raid, que nos levou durante 5 calurosos días, a vivir "unha das mellores experiencias da miña vida". O camiñar polas montañas, os baños nos ríos, as noites de acampada, as comidas en paraxes tan fermosas coma verdes, as veladas, a supervivencia do equipo, serán sen dúbida, un recordo vivo.
.
"Á Parroquia do Monaguillo; Vanesa, Sergio, Yoli, Damián e Oscar, Sombrerazo".
.
.

viernes, 10 de julio de 2009

"RAID 2009", encontro coa Aventura


¡¡¡ Xa está aquí !!!, a aventura estrela do verán, tan esperada por vós !.

A Supervivencia, a Reflexión, o afán de Aventura, o paso a paso do Camiño, o encontro, ... son sinónimos de Raid para a descuberta da auténtica Natureza.

Este Campamento celebraráse entre os vindeiros días 16 e 20 de xullo, en San Campio de Lonxe, Tomiño (Pontevedra), para rapaces e rapazas entre 14 e 17 anos de idade.
Se queres moita máis información, ponte en contacto con nós axiña !.

A Aventura está escrita, ¿ queres vivila ? . . .

lunes, 15 de junio de 2009

15 anos dunha Aventura chamada Xérmolo !!!

A gran Familia Xérmolo está de noraboa !!!.

O Grupo celebra este ano o seu 15º Aniversario, gracias a todos os Responsables, Rapaces, Pais e demáis Amigos e Simpatizantes que, nalgún momento da súa vida, formaron parte desta gran historia, que seguimos escribindo día a día.

¡¡¡ FELICIDADES !!!!!

martes, 14 de abril de 2009

Acampada de Pioneiros - Vilar Dastrés



Entre os días 9 e 11 de abril, os Pioneiros do Grupo tivemos o Campamento na rectoral de Vilar Dastrés, a tan só uns kilómetros da cidade.

Eses poucos kms, os fixemos andando, case todo costa arriba, pero mereceu moito a pena posto que o camiño e as vistas eran preciosas.

A segunda noite a pasamos fora da rectoral, a uns 2 kms, entre coñecer o pobo (e o seu inpactante Campo de Futbol), o mirador, as dinámicas, as andainas, a tirolina e as tecnicas de acampada, pasóusenos o tempo nun abrir e cerrar de ollos.

Tedes mais fotos en http://www.flickr.com/photos/scoutsxermolo/sets/72157616623840091/detail/

O Equipo de Pioneiros de Xermolo.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Luz da Paz de Belén - Nadal ´08

Boas rapaces e Compañeiros Scouts !!!

Estamos xa a vivir, se cadra as datas máis entrañables do ano, O Nadal.
As comidas, as ceas de noiteboa e noitevella, os Reis Magos, os encontros familiares.
En Xérmolo, non queremos deixar pasar a oportunidade de xuntarnos con vós para celebrar estes días, ca Celebración coa Luz da Paz de Belén. Así é, a Luz de Belén repártese por tódolos paises e rincóns do Mundo como mensaxe de Paz, estará con nós e ofrecerémola á Parroquia como acto central do programa de Nadal dos Scouts de Xérmolo coa Parroquia da Valenzá, neses días de Ben e Ledicia.

Esta Celebración terá lugar na IGRESA DE SAN BERNABÉ o DOMINGO día 28 de DECEMBRO, ás 11:30 h.

¡¡¡ Esperámosvos ver a todos o Domingo !!!

Despois da Misa, e para combater as baixas temperaturas quentarémolo corpo cunha Chocolatada ben quentiña.

martes, 7 de octubre de 2008

Campamento de Inicio. Xeira 08-09


Por fin !!, outro ano máis !!
Comezamos unha nova andaina no Grupo, e como é de costume, o facemos cun Campamento dunha fin de semana, en Velle.
Entre os días 4 e 5 de outubro, os nosos rapaces e rapazas das ponlas de Lobecos e Rangers foron protagonistas de xogos, veladas e a Cerimonia de Paso de Ponla, momento importante e emotivo nas súas vidas dentro da ponla.
¡¡¡ Felicidades Carlos Daniel e Daniela !!!, por unha nova etapa chea de Aventura e Compromiso, cos téus novos compañeiros de Rangers (foto).

lunes, 9 de junio de 2008

Scouts na Rúa

O pasado sábado 7 os Pioneiros de Xérmolo fixeron unha viaxe ata Coruña para participar nunha actividade, que tiña como anfitrón ao Grupo Scout Nyeri. Taieres, Xingkhanas, rocódromo, escalada, tirolina unhas das moitas actividades que fixemos, e asistimos tamén á proxección da película-documental "El Silencio de las Piedras", que narra a vida duns Pioneiros de Sevilla nun Raid.



Fotos en: http://www.flickr.com/photos/scoutsxermolo/sets/72157615577897098/

miércoles, 30 de abril de 2008

SAN XURXO 2008 !!!, escutismo galego en Ourense !




25, 26 e 27 de Abril, 2008, datas para lembrar e uns días para non esquecer.

"Téñovos que contar a grande ilusión que tiñamos por afrontar este reto, por chegar a reunir á todos os rapaces e rapazas scouts de Galiza e amosarlles o noso entorno tan cheo de vida; a ilusión que tiñamos de preparar todo esto para pasar uns días inesquecibles, cheos de ledicia, de vitalidade e inundados dun sentimento scout que é o que nos une a todos nós.
Queriamos e agardabamos que todos disfrutásedes destes días, deste encontro que tan só celebramos cada dous anos e que nos axuda tanto a entrelazar lazos e amizades. Son días de compartir, de coñecerse, de descubrir, de sentirse parte dunha familia, unha gran familia que segue medrando pouco a pouco e que ten tanto que ensinarnos... Nós sentímonos así, dentro dunha gran familia, co apoio de moita xente, dos propios responsables doutros grupos que tanto nos axudaron e preocupáronse por nós. Apoiados polos "nosos papis", que non sabemos como agradecerllo, sen a súa axuda esto tería sido moito máis costa arriba e moi difícil de sacar adiante, o seu apoio é fundamental no camiñar deste grupo e nós sabémolo perfectamente.
Quedámonos cun montón de lembranzas, con momentos divertidos e non tan divertidos, con horas de programación, con chamadas telefónicas e cos mails, cos días de estres e nerviosismo... pero sobre todo quedámonos co propio encontro, coas risas e os momentos de compartir, coas cancións (non podía faltar o "pistón" e a conseguinte dor de pernas), quedámonos cos xogos, cos momentos das comidas alí todos xuntos, coas andainas (e a dor de pes...), cos bailes da festa e os disfraces tan orixinais, co momento "chiki-chiki" no karaoke, sen dúbida a canción destes días que non parabamos de escoitar de boca dos máis pequenos, que tiveron unha gran aventura contra o dragón de San Xurxo, despois de "escalar" unha montaña; quedámonos cos múltiples círculos realizados destacando o último que foi para cantar o "Adeus Scout". Como di a mesma: "...hai tanto que lembrar...sabendo que nos peitos vai unha mesma flor de lis...sentíndonos irmáns...nos volvan a xuntar...• Supoño que resume un pouco o pensamento que cada un tiñamos nese momento: non esquecernos dos demais...ter a ilusión de volvernos a xuntar... levando todos un mesmo sentimento scout... levando tantas lembranzas... sentindo que formamos parte desta gran familia...



Se lle preguntásemos a calquera ó final do encontro que pensaba nese momento: "¡que esto non remate! e é que pasa sempre, cando nos xuntamos compartimos tanto e vivimos tantas experiencias que é difícil logo separarse dos novos amigos.
A nosa impresión sobre o encontro foi moi boa, tamén porque sentímonos moi arropados por todos vós, porque acudíchedes coa ilusión de pasalo ben e de disfrutar. O resto dos kraales sabiades que precisabamos do maior número de mans e vós estivéchedes sempre dispostos a botarnos unha e axudarnos no que fixera falla. Vimos ós rapaces moi ledos e iso bastounos, o importante era que eles disfrutasen e se divertisen neste encontro e cremos que o conseguimos, ENTRE TODOS nós e vós, que a vosa axuda e apoio foi primordial.
Grazas por cantar moitas veces por nós cando non nos daba a voz, por axudarnos a manter ós rapaces atentos, por vir con esas gañas de axudar, por estar con nós simplemente compartindo estes días de celebración.
Sen máis, agardamos xa o próximo San Xurxo o cal, sen dúbida, viviremos dun xeito ben distinto. Como quixemos plasmar co lema do encontro, non vos esquezades que... ¡SEMPRE XUNTOS!."

Máis fotos en: http://www.flickr.com/photos/scoutsxermolo/sets/72157614178020113/

martes, 19 de febrero de 2008

Acampada de Lobecos






Os Lobecos do Grupo Scout Xérmolo disfrutaron dunha fin de semana con "Akela" e "Baloo" na casa rectoral da Parroquia de Vilar de Astrés. Entre as actividades que fixeron cabe destacar a Velada con xogos variados por equipos e a participación activa na Eucaristía do pobo.
Moitas grazas ademáis a tódolos pais que viñeron a pasa-lo domingo connosco.
¡ O escutismo vívese en familia !.

miércoles, 28 de noviembre de 2007

Campamento de Inicio. Xeira 07-08


Comezámola nova Ronda Solar co tradicional Campamento de Inicio en Santa Marta de Velle, entre os días 23 - 25 de novembro.
Xogos, Xinkhanas, Veladas nocturnas, e o memento mási agardado polos rapaces, o "Paso de Ponla", onde algúns tiveron que "despedirse" dos séus compañeiros de Ponla para dar comezo a unha nova aventura con novos compañeiros.

miércoles, 25 de julio de 2007

Campamento de Verán 2007 - Cerdedo

¡¡¡ POR FÍN !!!, o día 9 comezábamos o tan esperado Campamento de Verán, no Concello de Cerdedo.

15 días de aventura, de xogo, de sol, de moito baño para apaliar o calor que pasamos, o Raid inesquencible polos Pioneiros, os taieres e mailos xogos.

Todas as Tecnicas de acampada, do Cubil de cada ponla se vían reflexado no traballo, e o aprendido durante toda a xeira que, con esta acampada dase por rematada. Grande o DIA DE PAIS, inesquencible tamen, a Promesa dos Lobecos, noraboa !!.

Despois de tanto axetreo, soamente queda descansar, que ben o merecemos. Ata a vindeira xeira que, esperamos sexa tan boa coma esta, polo menos.

Boa Caza e Longas Luas.... PASADE UN BO VERÁN !!!.









`

lunes, 30 de abril de 2007

Gabín - Semana Santa 2007



Entre os días 27 e 29 de abril, o Grupo fixo o Campamento de Semana Santa en Gabín, no concello de Montederramo.

Milleiros de actividades, xogos e andainas para combatir o frio que facia as veces.

lunes, 16 de abril de 2007

C.I.C.E. Encontro Muncial do Centenario Scout 2007


Co motivo do Centenario Scout en todo o mundo.






sábado, 30 de diciembre de 2006

Campamento de Nadal 2006


Xunto co Grupo Scout Axouxere da parroquia de S. Pio X, da cidade de Ourense, Xérmolo realizou o seu tradicional Campamento das datas de Nadal, celebrando uns días cheos de xogos e milleiros de actividades, no vello colexio de Os Milagres, e visitando o Castelo.
Feliz Ano novo a Tooooodos !!! . . .

lunes, 19 de diciembre de 2005

INFO Campamento de Nadal ´05

É un pracer comunicarvos, dende o Kraal, as datas do campamento de Nadal 2005:

-¿Cando?, días 27, 28 e 29 de Decembro
-¿Onde?, todo apunta á Armada

Xa está aberto o prazo de inscrición.
Esperamosvos a todos !!!

domingo, 13 de noviembre de 2005

Comezo dunha nova Ronda Solar


Ola a todos !!

as reunións por Ponlas comezarán este sábado nos locáis da Parroquia da Valenzá, a espera de atopar outro sitio. Recordámosvos, que este ano as reunións comezarán ás 16:00 horas e rematarán
ás 18:00 horas.


Esperámosvos a todos !!!

Boa Caza e Longas Lúas!

Magosto!!


Un ano máis, celebrámola festa do Magosto na praza da Valenzá.

Dende as 11:30 h. da mañá disfrutamos da festa, quentamonos na fogata, comemos chourizo e castañas. Pola tarde xogamos o futbol, chicas contra chicos. Nun primeiro momento gañamos as chicas (eramos claramente mellores en estratexia). Despois os chicos picáronse e bueno... digamos que nos deixamos gañar. je je.

Boa Caza!

lunes, 31 de octubre de 2005

Campamento de Inicio. Xeira 05-06


Benvidos a nova xeira do grupo scout Xérmolo 2005.

Este ano comenzamos a nosa xeira cun Campamento en Velle. Non asistemos moitos e non paro de chover en todo o fin de semana, pero pasámolo en grande.

Boa Caza!

martes, 21 de diciembre de 2004