lunes, 28 de diciembre de 2009

A Luz chega á parroquia da Valenzá !


Domingo 27, a Luz de Belén chegaba a "casa", á parroquia da Valenzá nunha abarrotada igrexa onde a luz da paz facíase presente nas nosas vidas. O Grupo Scout Xérmolo presentaba a Luz cunha representación de tódolos continentes do mundo, en forma de velas de cores que simbolizaba todas as razas e pobos da terra, que é a nosa terra; deste mundo que precisa de Luz e de Paz.
.
O agradecemento á Parroquia de S. Bernabé, a Isaac e a Roberto, por facer posible, ano tras ano a celebración da Luz, sempre con gran interese e entusiasmo.
.
Boa Caza... e Feliz entrada de Ano 2010 !!!

martes, 22 de diciembre de 2009

LUZ DA PAZ DE BELEN 2009

Na tarde do día 21 de decembro o templo de Santa María Nai da cidade foi o lugar de encontro dos rapaces da nosa Diocese, que se acercaron para levar Belén as súas casas, colexios e as súas parroquias de orixen.
A Luz foi a gran protagonista da velada, cargada de emoción para os máis pequenos, pero tamén para os maiores.
19 parroquias e grupos da nosa diocese recibiron a Luz, para repartila entre as familias, amigos e veciños, para que se poble o Mundo de Luz e Paz.
A Celebración foi presidida polo noso Obispo D. Luis Quinteiro e organizada por D. Luis Rodríguez, a Asociación de Scouts de Ourense e a Delegación diocesana de Infancia. Que a Luz da Paz de Belén nos ilumine durante todo o ano 2010.
.
O Grupo Scout Xérmolo celebrará a ofrenda da Luz da Paz de Belen á Parroquia de San Bernabé iste DOMINNGO día 27, ás 11:30 horas, na Valenzá. Esperamos veros a todos alí.
.
FELIZ NADAL !!!